Festival do Solsticio de Inverno 2021

Festival do solsticio de Inverno 2021

O vindeiro domingo 19 de decembro Lugares Comúns presenta no Auditorio Municipal de Cedeira o primeiro Festival do Solsticio de Inverno, no que vos convidamos a participar nas diferentes actividades que organizará a nosa asociación e presentarémola en sociedade.

O festival desenvolverase en tres partes:

11:30h:

Obradoiro de canto gaélico, da mán de Gillebrìde MacMillan, músico e profesor de estudos celtas na universidade de Glasgow.

Gillebrìde ven do South Uist, nas illas Hébridas escocesas e a súa linguaxe materna e o gaélico. Falará sobre a historia e a cultura gaélica, o canto tradicional e as linguaxes minoritarias. Podedes ver máis información sobre a música de Gillebrìde na súa web e no seu perfil de Twitter.


18:00h:

Coral Eixil

Alumnado de Violín Galicia

Grupo de Acordeóns de Cedeira


19:30h:

Ermitas García (poesía)

Gillebride MacMillan (canto gaélico)

Mulleres Unmasked (proxección + música ao vivo)

O Mar (grupo local)


A entrada ao festival é libre até completar o aforo. Terase en conta a normativa vixente en relación ás medidas de prevención Covid.

Cedeira – Vila en Transición

A asociación Lugares Comúns organiza unha serie de charlas informativas para presentar o seu proxecto “Cedeira en Transición”. Nestas charlas queremos introducir […]