Curso: Introdución á cestería

Ven a pasar unhas horas facendo un cesto para colgar na túa parede

O curso o impartirán os cesteiros Geraldine Jones de Cornwall e Sam Jones e Melanie Crossan de Cerdido.

Data: Mércores 29 de decembro, 10:00 h – 15:00 h                                

Lugar: Lugar de  Rioforcado 3, A  Barqueira, Cerdido 

Prezo: 30 euros, incluíndo os materiais.

Este é un curso rápido para principiantes que nunca fixeron un cesto anteriormente ou tamén persoas que o fixeron pero teñen pouca práctica e queren mellorar.

Durante 5 horas farás unha cesta de vimbia de base redonda e empezarás a aprender as técnicas de cestería. Será unha clase pequena e relaxada e o número de asistentes estará limitado a 8 para poder explicar de maneira individualizada. Incluiranse tés e cafés. Farase un xantar compartido ás 15:00h e suxírese que cada persoa achegue unha pequena contribución.

Para reservar praza ou se tes algunha dúbida, por favor contacta con:

Sam: 629950078

Mel: 610897661

ou por email: geraldine@geraldinejones.co.uk

Páxina web: www.geraldinejones.co.uk