Faite socio

Poden facerse socias de Lugares Comúns todas as persoas maiores de idade ou menores emancipadas. Os menores de mais de 14 anos poderán facelo tamén achegando consentimento expreso por escrito do seu titor legal. Tamén poden asociarse persoas xurídicas previo acordo expreso do seu órgano competente.

Como socio, poderás acceder a moitas das actividades e talleres que organizamos a un prezo inferior ao ofertado para o público xeral. Tamén poderás participar con voz e voto nas asembleas da asociación. Podes consultar os estatutos da asociación para coñecer con máis detalle os dereitos e deberes dos socios.

A cota para socios establécese en 5 € anuais. Dita cota págase unha vez ao darse de alta como socio e posteriormente a mediados de cada ano.

Para facerche socio enche o seguinte formulario cos teus datos e fai unha transferencia bancaria de 5€ á nosa conta ES91 1550 0001 2400 1909 5223 lembrando indicar no concepto “ALTA Nome e Apelido(s)”.

Tamén podes descargar e encher o noso formulario de rexistro en PDF e envialo a lugarescomuns@lugarescomuns.org .