Chegou outra vez esa época do ano.O 31 de decembro de 2025 ás 13:30 imos meternos na auga na praia de San Isidro, en Cedeira, como forma de dar a benvida ao 2026.Sé valente e ven a acompañarnos!
Eventos
O vindeiro domingo 9 de febreiro imos celebrar o xa habitual intercambio de sementes. Convidámosvos a vir.
Animádevos a participar! Ou veñir gozar da música. Imos estar no Pinzón dende as 17:30 falando das ideas e proxectos que ten a asociación. Sodes benvid@s!
Por segundo ano consecutivo organizamos este encontro para persoas amadoras da horticultura. Para quen teña experiencias propias e materiais para compartir ou para quen desexe empaparse desta sabedoría que nos conecta coa terra e o reino vexetal. Anímate a participar!
Convidámosvos a participar o sábado 27 de xaneiro ás 18:00 na “Casa Pepanova” de Montoxo nun taller de “baño de son” que impartirá Hivan Farias. Neste taller trátase de mergullar aos participantes nun estado meditativo e de relaxación a través do son de diversos instrumentos.