Compartimos información sobre un tema importante: o transporte público, que afecta a toda a comarca, sobre todo ás persoas con menos recursos económicos, ás menores de idade ou ás de idade avanzada ou limitadas na súa mobilidade, que non poden conducir por diversos motivos sexan económicos, legais ou de saúde.
O que está a acontecer en toda Galicia é un exemplo de mala xestión. Quen queira comprobar a extensión do problema pode botar un ollo ao listado de ligazóns de noticias, todas elas publicadas recentemente.
Lugares Comúns participou nas dúas últimas reunións da Plataforma por un transporte digno en Ferrolterra e comarca. Vaise formar unha fusión de plataformas de toda Galicia para denunciar e protestar polo deterioro do transporte público. Pedimos axuda para difundir e sumar apoios.
Enlaces de noticias sobre o transporte público de Galicia en distintos medios de comunicación:
https://www.eldiario.es/galicia/supremo-firme-sentencia-reparto-mercado-alsa-monbus_1_10612817.html