Visita á Estación Agroecolóxica de Vieiro en Viveiro

ASUNTO: Actividade organizada por Lugares Comúns e financiada polo Concello de Cedeira o vindeiro sábado 9 de novembro en horario de 10:00 a 13:00 en Viveiro (Lugo).

Compartimos con vós unha boa noticia: o Concello de Cedeira ven de conceder unha subvención para realizar unha visita guiada á estación agroecolóxica de Vieiro en Viveiro, un centro de investigación e formación en agroecoloxía, permacultura e agricultura sucesional rexenerativa, onde podemos aprender a cultivar terreo de xeito sostible.

A visita inclue:

  • Presentación do proxecto
  • Breve explicación do concepto de agrofloresta
  • Paseo didáctico polos campos de ensaio
  • Sesión de dúbidas e preguntas

As prazas para asistir a esta actividade son limitadas. As persoas interesadas en asistir deberán facer reserva enviando nome e apelidos das persoas que desexen asistir ao correo electrónico lugarescomuns@lugarescomuns.org . As prazas serán dadas por orde cronolóxica de solicitude.

A subvención cubre os gastos do curso. O transporte ira por conta das persoas interesadas.