Así foi a visita ao Proxecto Dispersor en Vieiro

Moi interesante resultou a visita, subvencionada polo Concello de Cedeira, á Estación Agroecolóxica de Vieiro. Jaime Páramo mostrounos o proxecto no que desenvolve e investiga técnicas de agroforestería que logo transmite en cursos e outras actividades formativas e tamén facendo consultorías.

Ata Viveiro achegámonos un grupo de 20 persoas con moita curiosidade por ver sobre o terreo o proceso e os resultados da aplicación dos principios da agricultura sintrópica.

Observar as bancadas de cultivo sementadas cunha sorprendente e densísima variedade de plantas foi todo un espectáculo.

Este tipo de agricultura respectuosa con todos os seres vivos ensínanos a traballar entendendo a Natureza. A combinación de diferentes plantas que cooperan entre si xenera un crecimento vigorose e cheo de saúde e alimento.

As plantas “invencibles” xogan un papel tan importante como calquera outra por uns motivos ou por outros.

A visita rematou cunha mostra de froita e outros productos de tempada, literatura especializada e ferramentas de poda de alta calidade que Jaime ten testadas e vende.

Agardamos poder volver e dar a coñecer este proxecto en futuras ocasións.

Grazas a Jaime por recibirnos, a todas as persoas que acudiron á cita interesadas por coñecer e dispersar este proxecto e ao Concello de Cedeira pola subvención.